Nidia Arévalo anima apoiar a candidatura de Iván Álvarez Guedes
Mosense de 28 anos Enxiñeiro pola Universidade de Vigo e que actualmente traballa na planta de BENTELER Automotive en Mos como enxeñeiro de loxística.
Fai varias semanas, a organización de RNB elexiuno para representar á provincia de Pontevedra no concurso de Míster España 2022
Isto supón que aproximadamente sobre setembro/outubro do ano 2022 (datas aínda pendentes de concretar) irá á gala de Míster RNB España que terá lugar en Nerja, Málaga.. Nesta gala compiten 52 candidatos (1 de cada provincia). Dos 52, elixiranse un total de 4 gañadores, cada 1 representará a España nun concurso internacional (Míster Supranacional, Míster Internacional, Míster Global e Caballero Universal).
Durante a semana de concentración en Nerja, levaranse a cabo diferentes probas e entrevistas co xurado.
A excepción da proba multimedia, que é ao longo de toda a candidatura.
Actualmente hai dúas activas que poden convertelo en finalista:
A primeira é a través da rede social Instagram e finaliza o luns 20/12/21 ás 21.00h. Para facelo finalista habería que realizar 2 pasos:
Seguir a páxina de Instagram de RNB España.
Ligazón https://instagram.com/rnbespana?utm_medium=copy_link
Mencionar a súa conta (@IVANDEUCE) nunha publicación que subiron. Ligazón da publicación. https://www.instagram.com/reel/CXb3s18DMOF/?utm_medium=copy_link
A segunda proba é a través da rede social Facebook e estará activa durante toda a candidatura. Consiste en dar me gusta á páxina Facebook de Míster RNB Pontevedra. Link: https://www.facebook.com/RNBPontevedra/
O candidato que más apoio reciba nas redes s sociais conseguirá o pase directo á final.