Mónica Romero 16/12/2021

Os próximos días 21 e 22 de Xaneiro celebraranse en Caldelas de Tui as segundas Galimpiadas

No programa engádense novos deportes en comparación coa primeira edición, quedando a axenda deportiva coas seguintes probas: billar, dardos, tenis de mesa, tute, corda, sacos, esquís de terra, ra,  futbolín e pulso.

Rostros populares do panorama galego non quixeron deixar pasar por alta tan importante competición, por iso rostros como os de  Xose A. Touriñán, David Amor ou Sergio Pazos envían a súa mensaxe apoiando este evento.

Nas redes sociais e nosa propia páxina web,  galimpiadas. com, pódese coñecer o regulamento e estar ao corrente das novidades que van xurdindo.

As probas terán lugar nas distintas sedes habilitadas, que son o Bar A Capela,  Chiringo Vos  Choróns e a Casa da Comunidade de Montes de Caldelas.

Unha fin de semana cargada de deporte, festa e bo humor que finalizará coa actuación en directo da banda  MICALIP’S

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad