Mónica Romero 26/11/2021

O Concello de Salvaterra de Miño está realizando nestes momentos a obra de mellora da rede de pluviais en Lamas – Meder, a través do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial


Con esta actuación, valorada en máis de 46.0000€, mellorase o estado da infraestrutura existente, debido a falta e o mal estado da rede de pluviais que provocou un deterioro na estrada municipal.


As obras consisten na instalación dun novo colector de pluviais enterrado de PVC e a construcción de novas arquetas. Ademais de realizar unha nova cuneta de terra, reparar a cuneta exitente de formigón, para a continuación realizar o desbroce e limpeza superficial do terreo, barrido de firme para acabar cunha nova capa de rodadura realizada con mezcla bituminosa en quente.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad