Xuramento hipocrático: “Exercer voso arte con conciencia e dignidade, facer da saúde e da vida dos vosos enfermos a primeira das vosas preocupacións” (as imaxes contidas ao final do artigo, poder ferir sensibilidades)
Unha saúde sexual e reprodutiva segura, aceptable e de boa calidade, xunto ao acceso aos anticonceptivos é a declaración de intencións dende a ONS.
Atopamos no caso das mulleres ás que se lles recomendou o anticonceptivo Essure, da farmacéutica BAYER, informes dun trato irrespetuoso, ofensivo, maltrato físico, humillación e maltrato verbal, procedementos médicos sen consentimento o coercitivos, falta de confidencialidade, incumprimento coa obtención do consentimento informado completo, rechazo a admisión do problema de saúde, neglixencia nas intervencións das mulleres, e unha total e inadmisible falta de atención.
Sí, por iso falamos de Violenza Obstétrica, as mulleres afectadas polo dispositivo uterino Essure. Un dispositivo pensado para ser o noso compañeiro alén dos nosos días, implantado nas trompas de falopio para provocar unha fibrose quística.
Todo un éxito, na súa publicidade Conceptus, o fabricante do Essure nos anos 2002 coa aprobación dende FDA no EEUU até o 2013, cando o mercou Bayer, explicaban que a súa implantación dentro do noso corpo, provocaba unha reacción a corpo extrano, contra a cal reaccionaba creando un tapón en cada trompa, evitando así a concepción.
En xaneiro do ano 2000 comezou a experimentación no corpo de algunhas mulleres, ata febreiro do ano 2001; con 20 investigadores, de 13 clínicas de diferentes países -EEUU, Australia, España, Reino Unido e Bélgica-. Realizouse o seguimento durante 4 anos, e as vantaxes de non empregar anestesia xeral, incisión ou narcóticos, foron decisivas para elevar este método anticonceptivo á primeira opción, antes cunha ligadura de trompas.
Mais, sabían qué problemas ocasionaría implantar un dispositivo metálico composto de Nitinol no corpo dunha muller, e nos seus órganos reprodutivos? Imos a desbotar que os seguimentos e os estudos, dende os anos 2000 ata o 2001 e os posteriores 4 anos, foron realizados e pagados pola propia empresa comercializadora.
Existen testemuñas de mulleres, sobre todo nos EEUU participantes deste estudo, que denuncian que houbo falsificación nestes ensaios. Se analizamos as trompas de Falopio, teñen cilios finos que se moven cara dentro coa produción de líquido. Se producen químicos que precisa o corpo feminino. Teñen tamén receptores para a produción, función e transmisión de
hormonas e cofactores. Teñen moitas funcións, incluída a redución de enfermidades reumatoides.
Essure está fabricado con materiais ríxidos, é material non flexible estriado que perfora o texido. Debido a anatomía e fisioloxía do útero e das trompas, este material pode perforar. As trompas se moven continuamente na cavidade uterina, este movemento, mais as relacións sexuais, e incluso o orgasmo, provocan que o choque contra o Essure dende o movemento da trompa remate en lesións, infeccións, cicatrices e perforacións.
A pesar que coñecen os riscos de perforación das trompas e sangrado ou manchado, de ter sempre leucocitosis, os eosinófilos baixos, debido ás reaccións alérxicas e infeccións. Todo elo indicativo dun proceso inmunolóxico continuo, dende que se produce a oxidación do dispositivo no noso corpo, ata que se extrae. Nunha simple citoloxía pódese comprobar se existe inflamación na pélvis.
¿Por qué falamos de Violenza Obstétrica?
Porque o proceso de asesoramento para a elección dun método anticonceptivo debe ser exhaustivo, explicativo dos beneficios e riscos, cunha discusión sobre métodos alternativos.
Porque as mulleres implantadas co método Essure non tiveron asesoramento, non había alternativa.
Porque dende que no ano 2016, as mulleres xa explicaban os síntomas de rechazo dos seus corpos aos facultativos especialistas en Xinecoloxía; e hoxe en pleno 2021 e a piques de entrar no 2022, se nos trata en consulta de ‘menopáusicas’, ‘ansiolíticas’, ‘depresivas’ e ‘tolas’.
Porque o argumento repetido entre os facultativos é “Non existe literatura médica nin estudios que indiquen que os síntomas sexan xenerados polo dispositivo Essure”.
E a pregunta é ¿onde non existe? Porque todo o descrito anteriormente está en estudo en Finlandia, Holanda, Francia, EEUU, Australia e Países Baixos, dende as súas Universidades e Axencias de Medicamentos.
A violenza de xénero obstétrica tamén é “ao trato deshumanizado, á medicación inxustíficada e a patoloxización de procesos naturais”.
Mª Sabela Landín Estévez
Presidenta da Asociación de afectadas do Essure de Galicia