Catro camiños e catro murais achegarán aos veciños á realidade que viven moitas mulleres cada día por medio de frases machistas
Dende a Concellería de Igualdade do Porriño, dentro da campaña” polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, estanse a desenvolver varias actividades baixo o lema “O amor non é violencia”
O propio día 25 de novembro, a partir das 19.00 h, faremos un percorrido desde a praza do Concello por catro camiños violentos, onde poderemos seguir as pegadas e as frases que a moitas mulleres lle acompañan no seu día a día.
Son frases machistas, expresións propias de relacións tóxicas e violentas. As frases, pegadas e o lema irán pintados no chan en cor lila ata chegar a un panel que nos amosa un amor sano e unha relación de igual a igual entre persoas, onde se pode ver que ‘o amor non é violencia’.
Os murais irán situados en lugares escuros, aínda que de moito tránsito coma calexóns, accesos a aparcadoiros… As catro artistas convidadas e a temática asignada son Eva Casais, no percorrido 1 e “amor adolescente”; Gemma Marqués, no percorrido 2 e “amor adulto con fillos”; Tamara Baz, no percorrido 3 e “amor a unha mesma”; e Lorena Arévalo, no percorrido 4 e “amor entre persoas do mesmo xénero”.