Sthela Táboas 23/11/2021

O Pazo Provincial acollerá o martes 30 un Foro con recoñecid@s representantes do sector e amosará por primeira vez en Galicia as posibilidades que presenta o plan estatal, que prevé un investimento de 9,6 millóns na comunidade

Como “un luxo” definiu hoxe a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a celebración o vindeiro martes 30 no Pazo Provincial do Foro no que se amosarán por primeira vez en Galicia as potencialidades que vai supoñer o  plan estatal “España Hub Audiovisual”, tanto para os e as profesionais do sector como para os concellos da provincia.

A Deputación convértese polo tanto en interlocutora directa da Spain Film Commission para poñer enriba da mesa o investimento sen precedentes que suporá este programa do goberno de España, que prevé destinar 9,6 millóns en Galicia, e para amosar aos concellos, especialmente aos de menos de 20.000 habitantes, as posibilidades de desenvolvemento económico e turístico que abre esta iniciativa. O citado Foro reunirá a recoñecidos e recoñecidas expertas para debater sobre os retosdo plan e nel a Deputación presentará amais aos concellos as ferramentas específicas coas que quere favorecer a celebración de rodaxes nos seus territorios.

Carmela Silva incidiu hoxe en que o plan “España Hub Audiovisual” é “unha oportunidade que Galicia non pode perder e que dende logo non vai perder a Deputación”, xa que ten como finalidade converter ao país “nun espazo moi potente do audiovisual ao impulsar coa toda a cadea de valor da industria audiovisual mediante o fomento da produción a nivel nacional, captación de investimentos eo fortalecemento das empresas do sector mellorando a súa competitividade, todo iso baseado na dixitalización e no apoio ao talento, así como na redución da fenda de xénero”.“Queremos que a nosa provincia –destacou- forme parte deste proxecto tan relevante”.

Da man da Spain Film Commission e do Cluster Audiovisual Galego, a institución acollerá esta xornada, titulada “O audiovisual e a reactivación. Oportunidades para o sector e para os concellos”, que ten un dobre obxectivo: Dunha banda, dar a coñecer ao sector audiovisual e ás administracións locais as oportunidades do plan, que amais dos 9,6 millóns de investimento para Galicia entre 2021 e 2023 contempla outros 5 millóns xestionados pola Spain Film Commision para impulsar o territorio como destino da produción audiovisual e favorecer así “a recuperación do sector” e a estabilización de profesionais.

Tamén se querefacilitar aos concellos, especialmente aos de menos de 20.000 habitantes,as ferramentas necesarias para a xestión administrativa relacionada coa realización de rodaxes no seu territorio, “porque certamente hai moitas produtoras moi interesadas na nosa provincia e os concellos teñen que estar preparados para que cando unha queira vir a gravar teña todo o que precisa para poñelo en marcha e facilitalo”. “Que o procedemento administrativo –insistiu- non sexa un impedimento para que poidamos ser un plató de cinema. Por iso imos ofrecer aos concellos, e sobre todo aos pequenos porque teñen máis dificultades, estes instrumentos para que faciliten todo o que ten que facer un concello para facilitar as produtoras as gravacións de series ou filmes”. 

“É importante –engadiu – que tanto o sector como administración pública  saiban a que se van dedicar estes fondos. Nós queremos abrir oportunidades para a provincia e non podemos perder esta. E apostamos porque esta provincia sexa plató de cinema, polo que hai que dar a coñecer as oportunidades, algo que para nosa sorpresa non se está a facer e o vai facer a Deputación. Queremos que as diferentes actuacións do plan cheguen á provincia e ao sector en toda Galicia para usar este potentísimo elemento de creación de actividade económica, de riqueza e de atracción turística que ten o audiovisual” . Carmela Silva lembrou neste senso que a provincia conta “cunha costa e un interior que son máxicos e que son grandes escenarios de cinema, polo que queremos darnos a coñecer e que a provincia estea preparada para non poñer dificultades a estas oportunidades”. “A Deputación segue a ser unha referencia en intentar situar á provincia nas posibilidades do século XXI”.

A xornada incluirá dúas mesas redondas“ coa xente mais potente do noso país en todo o que ten que ver coa produción do audiovisual vinculado ao territorio e o turismo”. Está aberta ao público en xeral, pero especialmente dirixida ás e aos profesionais do sector e aos concellos. Terá formato mixto (presencial e streaming) e para asistir as persoas interesadas deberán realizar unha reserva enviando un correo ao enderezo protocolo@depo.es.

Os presidentes da Spain Film Commission, Carlos Rosado, e do Cluster Audiovisual Galego, Jorge Algora, serán os encargados o vindeiro martes 30 ás 1o.00 h de abrir a xornada, cuxa primeira mesa redonda abordará de seguido as oportunidades e retos que supón este plan para o sector. Nela intervirá de novo Carlos Rosado, persoa de recoñecida traxectoria tanto en España como Estados Unidos e América Latina, xunto á produtora galega Emma Lustres, muller referente no audiovisual galego e español, que abordarán “todas as oportunidades que as propias produtoras saben que ten o audiovisual como un elemento de atracción”.

A segunda das mesas tratará sobre “Turismo audiovisual a debate” e nela abordarase o poder do audiovisual para atraer persoas ao territorio. Contará con Nacho Varela, vocal de internacional do Cluster Audiovisual Galego; Teresa Azcona, Vicepresidenta da Spain Film Commission e responsable da Zaragoza Film Office; Juan Manuel Guimeráns, coordinador da Valladolid Film Commission e Chelo Loureiro, directora e produtora amais de vogal de CIMA. A mesa estará moderada por Iñaki Gaztelumendi, consultor de turismo de recoñecida experiencia. A xornada concluirá coa presentación das “Melloras para a produción audiovisual nos pequenos concellos” por  parte da presidenta da Deputación, na que se porán a disposición  dos concellos “aqueles instrumentos que lles faciliten acoller rodaxes na nosa provincia”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad