Sthela Táboas 17/11/2021

O Concello do Porriño acordou trasladar á explanada do Roxy o evento e ampliar ata o mesmo sábado as inscricións

O Pinchoneno, que terá lugar este sábado entre as 17.00 e as 22.00 h, trasládase á explanada do ‘Roxy’ onde os nen@s poderán gozar dun catering saudable e continuado ata as 21:00 h; así como ás diferentes actividades organizadas como un obradoiro para aprender a facer pizzas e granizados, unha zona “Just dance” e unha de entretemento dixital espacial.

Ademais, a música non podía faltar nesta cita infantil. Coa charla “Isto é pop!” @s nen@s poderán participar nun faladoiro con Javier Becerra e Carolina Rubirosa.

Tamén haberá unha charla inspiracional a cargo de Eme Dj coa ocasión de presentar o seu libro “Mamá quero ser Dj”. O músico e actor Juan Manuel Montilla “El Langui”, gañador de dous premios Goya, tamén participará nesta edición do Pinchoneno cunha charla motivadora xunto ao coñecido artista urbano galego Mon Devane, que fará unha mostra dos seus graffitis.

Os interesados en participar deste Pinchoneno (6-12 anos) poden inscribirse ata o mesmo sábado -ata completar o aforo previsto de 200 nen@s- no enderezo electrónico pinchoneno@gmail.com

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad