Mónica Romero 16/11/2021

A atención á infancia e axuda a conciliación das familias traballadoras seguen sen apoiarse. A pesares de que este concello conta cunha das taxas de natalidade máis alta de toda Galicia

Os Socialistas de Salceda, un ano máis realizan emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia, ao considerar que continúa sendo un concello esquecido nas contas autonómicas. Reivindicacións xa históricas do PSdeG-PSOE de Salceda seguen sen ser atendidas, a pesares da reiteración e de que incluso algunhas delas conten co apoio plenario de toda a corporación.

A atención á infancia e axuda a conciliación das familias traballadoras seguen sen apoiarse. A pesares de que este concello conta cunha das taxas de natalidade máis alta de toda Galicia só conta con unha “Galiña Azul”, insuficiente para as necesidades do concello. O ensino tamén queda fora destes orzamentos ao omitir un ano máis solucións a saturación das súas instalacións, sen abordar nin sequera o estudo dun novo colexio de primaria, un patio cuberto no CEP Altamira ou un novo comedor escolar. A ampliación do IES Pedras Rubias non conta con partida específica, esperando que a ampliación tan ansiada sexa cuberta por unha partida xenérica. Vellas reivindicacións dos Socialistas de Salceda ás que a Xunta de Galicia non da resposta, considerando a executiva local do PSdeG-PSOE “unha falta de oportunidades para a nosa infancia e a xuventude”

Servizos esenciais coma un centro de día para a localidade, así coma o saneamento, aínda inexistente en parroquias como Entenza e Soutelo, seguen sen estar contemplados nestes orzamentos, despois de que fai varios anos a Xunta deixase de executar fondos europeos que permitirían avanzar na rede de saneamento nestas parroquias. A executiva socialista insiste en que “a Xunta deixa de lado un ano máis servizos esenciais para Salceda”

No referente ás infraestruturas continúan sen atender as peticións que se veñen realizando nos últimos anos como a rotonda da Lagoela, a urbanización da zona de Tabernanova en Soutelo e incluso a iluminación da estrada autonómica PO 510.

E así ata un total de doce alegacións presentadas a través do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE.

“Nun momento como o que estamos a vivir a Xunta debía ser un exemplo de apoio aos concellos realizando os investimentos necesarios que ademais reactivarían a economía, un pulo necesario para saír da situación económica que provocou a pandemia da Covid 19, do mesmo xeito que están a facer outras administracións”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad