Sthela Táboas 12/11/2021

O pregoeiro e gran convidado será o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero

A parroquia de Entenza, do Concello de Salceda de Caselas celebra o vindeiro domingo, 14 de novembro, a XXIII Festa do Cogumelo no recinto do Centro Cultural de Entenza. Este evento xa coñecido na comarca atrae en todas as edicións a afeizoados á micoloxía, amantes da cociña así coma a curiosos.

O sábado, día previo á xornada de degustación de cogumelos, recolleranse exemplares das variedades existentes na zona para clasificar e elaborar a exposición. Este ano, xunto coa mostra micolóxica, haberá unha mostra de millo de diferentes variedades, así como traballos sobre os cogumelos que realizarán os alumnos do CRA Raiña Aragonta. Esta exposición poderá observarse durante todo o domingo de 11.00 a 20.00 h, na segunda planta  do Centro Cultural de Entenza, onde se sitúa o salón de actos.

O gran día da celebración, domingo 14, ademáis da exposición se procederá a degustación de cogumelos preparados de diferentes xeitos. Prepararanse pleurotus, champiñon, portobello e Shitake, en empanada, croquetas, ao natural, con nata; onde cada menú con pan e viño custará un prezo módico, para promover o consumo do cogumelo.

A xornada do día 14 comezará coa apertura da exposición, ás 11.00 h no Salón de actos do Centro cultural. A degustación de cogumelos nas diferentes variedades comezará tamén ás 11.00 h e estará amenizada con diferentes actuacións musicais, entre as que destacan sobre as 13.00 h o Grupo de Gaitas de Mosende, e sobre as 17.00 h o grupo DSYPL.

Ás 12.00 h procederase cos actos protocolarios da Festa do Cogumelo. A presidenta da Asociación de Xóvenes “A Turonia”, Nuria Pereira, e o Presidente da Comunidade de Montes V.V., Xurxo Gregorio, recibirán ás diferentes autoridades locais, entre as que estarán a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón; así coma a Tenente de alcaldesa, Loli Castiñeira e o voceiro da oposición, Santiago Rodríguez Davila. Están convidados tamén @s alcaldes de Tui e de Salvaterra, Enrique Cabaleiro e Marta Valcarcel, respectivamente.

O broche de ouro, chega coa recepción do pregoeiro e gran convidado nesta ocasión, o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero. O noso convidado será o encargado de dar lectura o pregón e posteriormente será convidado a degustar os cogumelos por parte da organización.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad