A venda ambulante cambia de ubicación durante 4 meses por mor das obras de humanización dende Xogo da Ola ata a Praza San Sebastián
O concelleiro de Mercados, Sergio Casal confirmou que maña martes 9, terá lugar a estrea da nova localización do mercadillo ambulante semanal na rúa Leandro Diz.
Serán 105 postos de venda autorizados que se repartirán entre a rúa Leandro Dize nun tramo de Xogo da Ola, concretamente onde está a “zona azul”.
Sergio Casal, que tamén exerce como concelleiro responsable de Tráfico, asegurou que nos días de mercado ambulante, o aparcadoiro de terra seguirá en uso. O acceso ao aparcadoiro estará sinalizado con valas e cinta para garantir a entrada e saída de vehículos.
Estas medidas tómanse como consecuencia das obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez, no tramo que discorre ata a praza de San Sebastián, que teñén un prazo de execución de 4 meses.