Trátase dun tilo no Parque do Cristo e unha acacia entre Carracido e A Risca que non provocaron danos
Esta mañá outra árbore caeu no Parque do Cristo, sen causar danos persoais nin materiais, segundo informou a Policía Local; foi un tilo de grandes dimensións que caeu preto do palco da música.
Como nos casos acontecidos nos últimos anos, dende o Concello afirman que “a causa é unha praga de fungos que podrece as raíces destas árbores, pois algunhas delas datan de antes da Guerra Civil e as máis recentes, foron plantadas nos anos 60”.
O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, indicou que “tomaranse medidas preventivas de inmediato, ante o risco potencial de caída doutras árbores”.
Por outra banda, a Concellería de Medio Ambiente informou de que esta mañá tamén caeu outra árbore na estrada que une o Monte da Risca co barrio do Carracido, tamén sen causar danos persoais nin materiais; nesta ocasión tratouse dunha voluminosa acacia que se debilitou na sua base a causa da forza natural da auga.