Sthela Táboas 02/11/2021

A vindeira fin de semana As Pedriñas acolle o sábado os concertos de ‘Mano de piedra’ e ‘Elefantes Mutilados’, e o domingo a obra teatral’Qué Familia’ de Atrezo Teatro

Este vindeiro 6 de Novembro a partir das 19:30 h teremos con nos a dúas bandas amigas da Sala Rebullón. Dúas bandas de metal con temas propios que faran vibrar a todos os asistentes. As entradas xa estan a venda nos puntos fisicos como a Catina As Pedriñas e Cervexería Nós na Rua Venezuela.

O grupo ‘Mano de piedra’ fórmase a finais de 2016, con músicos de recoñecidas bandas galegas como Supa Scoopa, Sem Resposta, N.Ou. T. ou Carcomedhi uníndose nunha amálgama das máis diversas influencias: stoner, hardcore, metal, hardrock, crust …

Máis antigüidade ten ‘Elefantes Mutilados’, que nace no ano 2010 nun garaxe de Caldelas de Miño, buscando crear cancións propias de base Thrash Metal con influencias de estilos distintos como o Death, o Progresivo ou o Funk. Músicos experimentados ( Ad Libitum, Arkham, Distilling Pain, Estado de Sitio, Warnjan, Collón de Lola, Bakintaun) e amantes por igual da mestura de estilos e da tralla, tras 8 anos de duro traballo e cambios de formación, gravan o seu primeiro EP de 4 temas e dan o seu primeiro concerto en outubro de 2018. Elefantes Mutilados están aquí para quedar e rebentar as vosas cabezas! Non fear, non pain, non glory!

E ao día seguinte, o domingo 7 ás 19.00 h, o derradeiro espetáculo do Ciclo Galego de Teatro Amador, que o despide a campañía “Atrezo Tetaro” co titulo de “Qué Familia”, unha obra que, tal como reza a sía sinopse “Vivimos nunha sociedade de xente “prescindible”, que son todos aqueles que non dan beneficios, e si son vellos? Ai, os vellos….!, lentos , torpes, dan traballo… e sí aínda por riba quen ten que coidarte e a nora…xa  verán xa!!” Xa poden reservar a entrada no correo electrónico reservasrebullon@gmail.com

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad