Mónica Romero 22/10/2021

O Concello de Tui apoia aos deportistas locais coa convocatoria das Becas a Deportistas Tudenses 2021. Destina a este fin 10 mil euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de novembro

O concello de Tui retoma este ano a convocatoria das bolsas para deportistas locais que teñen participado neste 2021 en competicións federadas internacionais coa convocatoria das Becas a Deportistas Tudenses 2021. En 2020 non foron convocadas debido á COVID. O obxectivo da convocatoria é facilitar a práctica deportiva e a súa participación nas competicións, valorando así a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.

O Concello de Tui destina neste 2021 a estas Becas a Deportistas Tudenses 2021 unha partida de 10.000€.

Os deportistas tudenses que participaron durante este ano en competicións federadas internacionais, terán un prazo de dez días para presentar a solicitude e a documentación indicada nas bases, a través da sede electrónica do Concello de Tui.

O extracto das bases desta convocatoria vén hoxe publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. As bases completas e o modelo de solicitude están dispoñibles na web municipal www.tui.gal no apartado de Deportes.

Bases e Modelo de solicitude

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad