O inicio das obras está previsto para a primeira parte do ano 2022, nova da que Arévalo deu conta á Corporación nunha Xunta Local de Voceiros celebrada esta mañá no Concello
Onte a mañá celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos unha Xunta de Voceiros dos diferentes grupos integrantes da Corporación Municipal, xunto coa alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, e técnicos municipais; á que tamén asistiron representantes veciñais dos afectados da parroquia de Louredo, entre eles José Couñago e Carlos García, para dar conta dunha reunión mantida a semana pasada entre a rexedora local e un técnico e o xurídico municipais na Demarcación de Carreteras do Estado en Pontevedra sobre dúas obras fundamentais para Mos como son a pasarela peonil en Amieirolongo (parroquia de Sanguiñeda) e a intesección na zona de O Tablado (parroquia de Louredo), ambas na Estrada Nacional 550.
Respecto das obras para a intesección na zona de O Tablado o Concello de Mos presentou alegacións en 2019 sen obter reposta por parte de Fomento, pero, segundo informou hoxe a alcaldesa, da xuntanza con Fomento mantida a semana pasada extraeuse a conclusión e o compromiso por parte da administración estatal de aceptar todas as propostas presentadas polo Concello. A obra ten un orzamento duns 700.000 euros, ao que o propio Director da Demarcación de Carreteras lle dá o visto bo.
Arévalo asegura entón “non entender o por que ter que esperar tanto tempo e tanto silencio para finalmente comprobar que, en definitiva non había problema ningún. E entristéceme que tivéramos que esperar un ano e medio para poder reunirnos con persoas que teñen que estar ao servizo da provincia e das infraestruturas da mesma”.
Por outra banda está a obra da pasarela peonil en Amieirolongo, da que xa foi publicado o arranque da contratación da mesma no BOE fai máis dun mes. O Concello fixo todos os trámites de cesión de terreos e demais, e agora só queda que desde o Ministerio o acepten; ao que a alcaldesa apunta que “me alegra que despois de tantos anos, porque isto ven do ano 2016, finamente vaia adiante porque se deron conta de que faltaba a aceptación pola súa banda dos terreos que o Concello cedeu”.
As dúas obras parece que teñen unha perspectiva de previsión de inicio que podería enmarcarse no primeiro semestre do vindeiro ano 2022, incluso puidendo adiantarse ao primeiro trimestre no caso de Amieirolongo.
Nidia Arévalo, rexedora local mosense, concluíu a reunión desta mañá dándolles as “grazas aos veciños de Louredo e Sanguiñeda que estiveron ao pé do cañón, pendentes e dispostos ao que fixera falta, e por suposto tamén á Corporación porque se fixeron eco deste problema e sentinme en todo momento acompañada por todos eles”.
Polo tanto parece que Fomento reanudará por fin ambos proxectos, demandas históricas que levan anos comprometidas polo Ministerio, e aos que por fin se lles ve luz verde tras tan longa espera. Son dúas obras de mellora da seguridade viaria que son de vital importancia, por tratarse de puntos extremadamente perigosos tanto para peóns como para conductores.
No caso da intersección en Louredo existe un proxecto de remodelación da intersección da N-550 que permita o xiro a Pombal, Pantaño e San Gregorio.
O proxecto foi recibido no Concello en 2019, e consiste na remodelación da intersección da Estrada N-550 en Louredo, que permitiría o xiro a Pombal, Pantaño e San Gregorio en ambos sentidos. Este proxecto, que será financiado e acometido por Fomento, trátase dunha obra crucial para falicitar os xiros e cambios de sentido de vehículos e optimizar a seguridade viaria nesta estrada nacional.
Constitúe unha importante demanda veciñal. Esta intersección na zona de O Tablado (no punto quilométrico 148+650 da Estrada Nacional 550) permitirá xiros nese punto en beneficio, sobre todo, dos veciños dos barrios de San Gregorio, Pombal e Pantaño. Esta solución ás demandas da veciñanza era de importancia capital. O orzamento a investir polo Ministerio na acometida desta obra que falicitará os xiros e cambios de sentido de vehículos e optimizará a seguridade viaria na N-550 ao seu paso pola parroquia de Louredo ascende a 711.418,47 euros, IVE incluído.
O proxecto da pasarela en Amieirolongo consiste na histórica reclamación dunha pasarela peonil que cruce o nó de Amieirolongo en Sanguiñeda, e que enlace o punto quilométrico 306 da A-52 coa Nacional 550, zona onde se atopan situadas varias superficies comerciais. Cómpre lembrar que foi comprometida fai anos polo Ministerio de Fomento, previndo un orzamento de 130.000 euros, contando xa co proxecto aprobado, permiso de Patrimonio e coa cesión dos terreos por parte do Concello de Mos.
Con esta pasarela evitaríase que os peregrinos (así coma calquera outro viandante e/ou veciño) teñan que cruzar a estrada Nacional 550 no perigoso cruce de Amieirolongo.
Trátase tamén dunha zona, a de Amieirolongo, con moito tráfico rodado debido a que nela conflúen varias entradas e saídas da autovía, o que incrementa a perigosidade para os camiñantes, tendo en conta ademais que, a día de hoxe non existe habilitado ningún paso de peóns nin sinalización específica que optimice a seguridade dos mesmos.
No último informe técnico remitido en 2019 a Fomento, abórdase a situación en materia de seguridade viaria dos itinerarios peonís situados no punto quilométrico 155+500 da estrada Nacional 550. En dito punto quilométrico o Ministerio de Fomento procedeu á construción dunha rotonda que regula o tráfico de vehículos que acceden dende a autovía A-52 á estrada N-550 e que dificulta o tránsito de peóns ao presentar a zona insuficiencia de infraestruturas peonís no lugar e contorno próximo, tales coma tramos continuos e conectados entre si de beirarrúas. Ademais, os tramos de beirarrúas que dende As Angustias e dende Amieirolongo discorren por ambas marxes da N-550 son desconexos ou descontinuos unha vez que chegan á mencionada rotonda e ás conexións da estrada N-550 coa autovía A-52, de maneira que non se garante o percorrido peonil, rematando na maioría dos casos en situacións de volta atrás ou de atravesamento moi perigoso a pé das saídas e entradas á autovía A-52.
Así como o cruce do Camiño de Santiago no dito punto e ademais do trazado do Camiño que ven polo camiño da Quiringosta e se ven na obriga de cruzar dita nacional, existindo un risco importante para os viandantes.