Sthela Táboas 07/10/2021

O Concello mosense conta actualmente con 62 traballadoras no SAF, que atenden a 116 usuari@s con casi 65.000 h anuais de servizo, fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas

O pasado martes 5 de outubro levouse a aprobación ao Pleno Ordinario do Concello de Mos o expediente de contratación do servizo de Axuda no Fogar aprobado por maioría con todos os votos a favor, agás a abstención de GañaMos.

O obxetivo deste contrato que supera o orzamento anual de 1 millón de euros é mellorar a vida das persoas usuarias, posibilitar que sigan vivindo no seu domicilio e no seu entorno, e que sigan a ter as súas relación familiares e sociais.

Valóranse tamén neste prego, os servizos complementarios destinados a mellorar a calidade de vida dos enfermos, como por exemplo axudas técnicas tales como camas articuladas, grúas, cadeiras de rodas, de ducha, discos xiratorios… Servizos como o de podoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, limpeza de choque…

Este é un prego sumamente importante no que se adxudicará un servizo para un total de 64.831 h de servizo anual, por un importe total de 5.600.000 € (correspondente aos 2 anos de servizo máis 2 de prórroga; é dicir importe por 4 anos de prestación de servizo). Actualízase ademáis o prezo da hora en 18 € + IVE e as condicións técnicas do prego de condicións.

A alcaldesa de Mos e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, explicaron a este respecto que “neste prego recollemos ademáis todas aquelas propostas que os técnicos municipais consideraron viables e que optimizan e implementan o servizo; tales como máis axudas técnicas, máis EPIs, o servizo de terapia ocupacional, etc. E outras moitas suxerencias relativas a temas de máxima prioridade en persoal de este sector, tales como as medidas de protección integral contra a violencia de xénero en caso de traballadoras do SAF, ou material de prevención de riscos laboráis”.

“Este é un prego acorde a un Concello como o noso”, destacaron as representantes municipais Arévalo e Cebreiro, “un Concello punteiro no SAF no que actualmente contamos con 62 traballadoras que atenden a 116 usuari@s, casi 65.000 h fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas. Na actualidade non temos ningunha persoa de grado 3 e 2 en lista de espera”.

E é que o Concello de Mos é un dos municipios galegos con máis horas anuais de SAF, contrastando a cantidade con outros como O Porriño, que con 20.000 habitantes dispón de 49.146 horas anuais, Tui case 18.000 habitantes e 28.740 horas, Nigrán con 17.000 habitantes e 37.572 horas, ou Gondomar que, con 15.000 habitantes ao igual que Mos, conta con menos da metade de horas, concretamente 31.524 ao ano.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad