Sthela Táboas 01/10/2021

Os cortes de tráfico están previstos entre as 09.30 e as 11.00 h e so afecta a 5 km de Chenlo e Mosende

A Policía Local e a agrupación de Protección Civil do Porriño anuncian que mañá sábado día 2, realizarán cortes intermitentes de tráfico polo paso do evento ciclista ‘Grava & Polbo’, entre as 9.30 e as 11.00 h.

O tramo afectado no Porriño por estes cortes será de 5 km de estrada desde o acceso de Herville á parroquia de Chenlo, baixando por Mosende ata chegar á estrada de Ribadelouro, xa no Concello de Tui.

‘Grava & Polbo’ é unha marcha ciclista non competitiva para bicis de grava, que se  desenvolve por estradas, pistas forestais e camiños da provincia.

A saída e chegada situaranse na praza do Concello de Gondomar.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad