Mónica Romero 27/09/2021

Este xoves preséntase en Tui “1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior” de Antonio Giráldez. Forma parte das actividades do Mes da Biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este xoves, 30 de setembro, ás 20.30 h, a presentación da novela “1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior”, escrita por Antonio Giraldez Lomba. Esta actividade forma parte da programación “Mes da Biblioteca”.

Na presentación contarase coa participación presenza do autor, Antonio Giráldez, acompañado polo médico tudense e autor do libro sobre a “Gripe de 1918 en Tui”, Rosendo Bugarín González, xunto co responsable da editorial Elvira, Xabier Romero, e o concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso Álvarez.

Antonio Giraldez é historiador, profesor de ensino medio, escritor e vicepresidente do Instituto de Estudios Vigueses. Neste libro, que é a súa primeira obra de ficción, recrea a cidade de Vigo e a antiga provincia de Tui no século XVI e rememora os estragos que provocou a peste nas rúas, prazas, mercados, en definitiva, na vida cotiá naqueles tempos.

Esta presentación está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui dentro do programa de actividades para os meses de setembro e outubro que agrupa baixo o nome de “Mes dos Libros”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad