Sthela Táboas 27/09/2021

Ante o aumento de casos detectados nas últimas semanas, a asociación quere coñecer o alcance das fraudes para deseñar liñas de actuación conxuntas coas persoas afectadas

A xuntanza terá lugar o xoves 30 de setembro ás 18.00 h no salón de actos do Edificio Cersia, en Santiago de Compostela

O equipo técnico da Unión de Consumidores de Galicia ven de confirmar as noticias, recollidas nas últimas semanas por distintos medios de comunicación, relativas ao aumento de casos de phishing bancario; de feito, só neste mes de setembro atendéronse 10 casos de persoas que foron vítimas deste tipo de estafas.

A estes casos directamente atendidos pola asociación súmanse os daquelas persoas que se están a agrupar por propia iniciativa e que, segundo as estimacións dos propios afectados, superan o número de 40 familias.

O ‘Phishing’ é o delito de engano ás persoas para que compartan información confidencial como contrasinais ou números de tarxetas de crédito. A táctica máis común é na que as vítimas reciben unha mensaxe de correo electrónico ou unha mensaje de texto que imita (ou suplantación de indentidade) a unha persoa u organización de confianza, como un compañeiro de traballo, un banco ou unha oficina gubernamental. Cando a vítima abre o correo electrónico ou a mensaxe de texto, atópase cunha notificación ou preaviso, que tratará de levalo a outro sitio web , sinalando consecuencias de non facelo. Será nese intre, cando lle pida rexistro ou credenciais con usuario e contrasinal, dándolle deste xeito acceso ao ciberdelincuente  á información ao roubo de identidades, saqueo de contas bancarias e venta de información persoal no mercado negro.

Co ánimo de coñecer de primeira man o alcance destas fraudes, a metodoloxía utilizada polos delincuentes e as respostas recibidas por parte das entidades financeiras e as distintas autoridades, a Unión de Consumidores de Galicia contactou con distintas persoas afectadas acordando organizar unha xuntanza, con todas as persoas que desexen trasladar o seu caso a esta organización.

UCGAL considera que antes de poñer en marcha actuacións de natureza xudicial, cómpre esgotar calquera outra vía de acción, en especial o contacto directo coas entidades financeiras para estudiar as vías que permitan a recuperación do diñeiro, e analizar aspectos como a seguridade dos sistemas, aplicacións e protocolos, así como a formación das persoas usuarias da banca electrónica e móbil. 

UCGAL solicita que as persoas que desexen acudir leven consigo un breve informe da súa situación persoal (detalle dos feitos, importes subtraídos, reclamacións e denuncias presentadas, así como as respostas obtidas ás mesmas) que permita á asociación avaliar o alcance das fraudes á hora de dirixirse a entidades e autoridades.

A xuntanza terá lugar nas instalacións do Edificio Cersia en Santiago de Compostela (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, 15707 Santiago de Compostela), cedidas desinteresadamente polo Concello de Santiago de Compostela, o próximo xoves 30 de setembro ás 18.00 horas. Por razóns de seguridade recoméndase contactar previamente coa organización para avaliar o aforo máximo e lémbrase que é obrigatorio o uso de máscara durante a xuntanza.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad