A piques de rematar o pavimentado “só quedará a execución de cunetas e o levantamento das tapas das arquetas”
O Concello do Porriño informa que a construtora “Covsa”, adxudicataria do proxecto de mellora, está a piques de rematar a pavimentación do Camiño de Casal de Vello, na parroquia de Torneiros.
Segundo informou a Concellería de Infraestruturas, dirixida por Pedro Pereira, “as obras de asfaltado concluirán esta semana e só quedará a execución de cunetas e o levantamento das tapas das arquetas”.
Estas obras están financiadas a través do Plan Marco, da Consellería de Medio Rural. Para levalas adiante dispúxose dun orzamento duns 59.000 €.