Mónica Romero 20/09/2021

Mañá martes, 21 de setembro, o Concello de Tui organiza unha nova conferencia do Foro do Camiño Portugués, creado o pasado mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo. Poderá seguirse en directo a través da páxina web do concello www.tui.gal

A presenza de Monseñor Quinteiro resulta unha oportunidade excepcional para recoller a súa propia experiencia moi próxima á dinamización do fenómeno xacobeo nas últimas décadas pola súas responsabilidades na Igrexa de Santiago de Compostela, asi como para recoller unha visión do Camiño Portugués dende o ámbito relixioso, inherente á propia historia e valores da peregrinación a Santiago de Compostela ao longo do tempo e que hoxe segue ben presente nas motivación dun sector de peregrinos. Amais a Igrexa é un dos principais axentes implicados na xestión do Camiño de Santiago

D. Luis Quinteiro (Sabrexo-Vila de Cruces, 1947) realiza os seus estudos teolóxicos na Universidade Pontificia de Comilllas que completa, tras a súa ordenación como presbítero en 1971, na Pontificia Universidade Gregoriano de Roma especializándose en filosofía contemporánea, onde acada o doutorado. Na diocese compostelá foi, entre outras tarefas, director do Instituto Teolóxico. Foi nomeado en 1999 bispo auxiliar de Santiago de Compostela, en 2002 bispo de Ourense e, dende o 28 de xaneiro de 2010, é bispo da diocese de Tui-Vigo.

Monseñor Quinteiro, pola súa traxectoria académica e pastoral, posúe un amplo coñecemento da realidade e vitalidade do Camiño de Santiago que enriquecerá as visións ofertadas ata este momento dende o Foro do Camiño, mostrando así as múltiples facetas do fenómeno da peregrinación xacobea con especial referencia ao Camiño Portugués.

Esta conferencia terá lugar mañá martes, 21 de setembro, ás 19 h na Aula Cemit (Edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e poderase seguir por streaming a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal. Un número limitado de persoas poderán asistir presencialmente ata completar o aforo do local, debendo realizar unha inscrición previa -por rigoroso orde de chegada- a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad