Membros da Corporación local de Mos recibiron onte no Concello a Nadia Bouzas, de 13 anos, para homenaxeala polo seu palmarés.
Nadia Bouzas Fernández, nada en Vigo en 2008, é veciña da parroquia de Torroso. Iniciouse no Taekwondo con 4 anos, para continuar ata o día de hoxe a súa preparación en Kae Sport. Con apenas 13 anos de idade, atesora un palmarés impresionante: só este ano, consegíu acadar o posto de Subcampioa de Europa Cadete de Taekwondo Agosto, Campioa de España coa selección galega cadete, Campioa galega cadete, Medalla de Bronce nos Multigames e Campioa da Copa de España.
En anos anteriores, acadou premios tan importantes como Subcampioa de Europa Pre-Cadete por Clubs e Campioa de España Pre-cadete por Clubs.
Na homenaxe estiveron presentes membros do goberno local e outros representantes da Corporación, como os concelleiros non adscritos e a representante do PSdeG. A Alcaldesa na súa intervención destacou a importancia de fomentar dende as administracións deportes de carácter no tan maioritarios, sen detallar de que maneira o fai o Concello que ela dirixe. Tamén destacou a o esforzo e labor de apoio tanto emocional como económico dos pais, que cada día acompañan a Nadia nesta precoz carreira deportiva.