Mónica Romero 01/09/2021

Ás 20.00 h foi recibido pola corporación municipal no salón de sesións da casa do concello e ás 20:15 h a cidadanía en xeral pudo felicitalo na praza do Concello, tras gañar a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Tokio coma guía de Héctor Catalá

O Concello de Tui brindou hoxe mércores, 1 de setembro, unha recepción oficial ao deportista tudense Gustavo Rodríguez que, o pasado sábado, logrou a medalla de prata en Tríatlon coma guía de Héctor Catalá nos Xogos Paralímpicos de Tokio.

O acto estaba previsto para hoxe mércores ás 20 h coa recepción por parte da corporación municipal no salón de sesións da casa do concello. A continuación ás 20:15 h a cidadanía en xeral podería transmitirlle os seus parabéns na praza do Concello.

Gustavo Rodríguez é o oitavo deportista tudense en participar nuns Xogos Olímpicos, e o segundo en lograr unha medalla olímpica.

Lembramos que até o de agora só Enrique Míguez contaba cunha medalla olímpica, a de bronce, lograda xunto a Narciso Suárez, en Los Ángeles 84, participando tamén nos Xogos Olímpicos de Seul 88 e Barcelona 92.

Son tamén olímpicos os deportistas Pedro Areal en Barcelona 92 e Sidney 2000; Jacobo Moroño e Jose Ignacio Bugarín en Barcelona 92; Suso González en Atenas 2004; Frank Casañas en Londres 2012 e Óscar Carrera en Río 2016.

O nome de Gustavo Rodríguez pasará a figurar na placa situada na rúa Olímpicos Tudenses que no día de onte foi retirada para poder gravar o seu nome.

O acto desta tarde celebrouse cumprindo as medidas establecidas polas autoridades sanitarias, lembrando aos asistentes a importancia de manter a distancia de seguridade e o uso da máscara.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad