Cun orzamento de 56.000 € cóntase que estas obras que se están a acometer na parroquia porriñesa rematen a finais de setembro
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira, informa que xa están en execución as obras de saneamento no núcleo de Corzón, na parroquia de Pontellas.
O proxecto en execución, licitado no pasado mes de xuño, ten un orzamento total de preto de 56.000 €.
A previsión é que estarán rematadas a finais de setembro.
Trátase dunha obra financiada polo “Plan Concellos 2021” da Deputación Provincial de Pontevedra.