Sabela Landín 27/08/2021
Nova pescanova

Nueva Pescanova está a atacar a representación e afiliación da CIG nos seus centros de traballo, especialmente no Centro Industrial do Porriño. Así o denunciou hoxe o secretario comarcal da FGAMT-CIG de Vigo, Suso García, durante unha rolda de prensa na que estivo acompañado polos delegados/as da central no comité de empresa deste centro de traballo. García acusou a empresa de acosar a delegados/as e afiliados/as, até o punto de ter sancionado á ex representante da sección sindical con 15 días de emprego e soldo.
O responsábel sindical explicou que dende que chegou o novo equipo de recursos humanos a compañía mudou a súa política de relación cos sindicatos. “Aplican aquela táctica da diplomacia vaticana de ‘puño de ferro en luva de seda’, polo que cara ao exterior amósanse amábeis e dialogantes, pero na práctica teñen un comportamento antisindical”. Con respecto á nosa central en particular son moi belixerantes, e botan man de prácticas que para nós sobre pasan todos os límites.
Ademais, dende que chegou este novo equipo de recursos humanos a empresa adoptou a política de que as súas decisións non se discuten, o que cualificou como ´nova doutrina Pescanova’. “A dirección decide unha cousa e non hai volta atrás, vai adiante por enriba de quen sexa”. Até o punto de que cuestións que se deberan consensuar cos comités, porque así o establece a lei, tampouco se tratan e son impostas. “No mellor dos casos comunican as decisións, pero non se debaten nin se discuten”.
Isto aconteceu por exemplo coa negociación do convenio, cando decidiron, utilizando a escusa da covid, que todas as xuntanzas se teñen que facer no centro de traballo de Chapela. “Isto provocou que as compañeiras/os do centro de traballo de Arteixo non tivesen aínda a primeira reunión para renovar o convenio, porque evidentemente negáronse a desprazarse”. Até o de agora cada centro de traballo negociaba o seu propio convenio nas súas instalacións.
Nas xuntanzas que si celebraron, a empresa propuxo unha suba salarial do 0% para este ano e para o seguinte, “e nós o que lle solicitamos é que dixese se está disposta a moverse desta posición; non que diga canto vai subir, senón se está aberta a negociar un incremento; porque do contrario suspendemos os contactos, xa que teñen que ter en conta que durante a pandemia o persoal de alimentación foi o que máis traballou, e non pode ser que se lle conxele o salario”. A resposta da dirección foi colocar follas informativas acusando a central sindical de “rebentar” as xuntanzas e de non querer negociar.
Sen calendario laboral
Outra mostra desta actitude da empresa ten que ver con que no Cento Industrial do Porriño non estea pechado aínda o calendario laboral “a pesar de que nos atopamos en setembro e a pesar de que xa fixemos varias xuntanzas e fomos ao AGA”. Por iso o vindeiro día 20 de setembro terá lugar un xuízo “para ver se deste xeito obrigamos a dirección a facilitar o calendario laboral”.
Así como tamén a imposición de medidas sanitarias, “como aconteceu no centro de traballo de Chapela co que as traballadoras/es chaman o burka; non negamos que sexa necesario ter cuberta toda a cara ao tratarse de persoal que manipula alimentos, pero queremos poder opinar e escoller o tipo de modelo”. Ou o plan de igualdade, que Nueva Pescanova impuxo tamén, e que a CIG non asinou. “Agora o Ministerio de Traballo acaba de darnos a razón e vén de botarllo abaixo”.
Por iso a central sindical non está disposta a permitir este xeito de proceder da empresa.
“Confrontamos esta actitude, propoñemos debates e queremos negociar coa empresa”. Ademais, o pasado 8 de Marzo, coincidindo coa folga de mulleres, a CIG desprazou un piquete até as instalacións do Porriño para denunciar un caso de acoso laboral e sexual na empresa “e o xeito incorrecto de levalo por parte da dirección”. E mesmo levou o plan de igualdade ao Xulgado.
A reacción do equipo de recursos humanos da compañía, especialmente no Centro Industrial do Porriño, foi comezar a chamarlles á atención a traballadoras/es afiliadas/os da CIG porque supostamente alongaban moito a hora do café. “Moitas destas persoas levan máis de 30 anos na empresa e nunca tiveron ningún problema”.
Sanción inxustificada
Ao mesmo tempo, Nueva Pescanova levou a cabo unha enquisa para coñecer o clima laboral nos seus centros e xuntou a todo o persoal do Porriño para dicirlles que hai algúns comentarios nesa enquisa que aseguran que a CIG é a responsábel do mal clima laboral existente na empresa.
Tamén sosteñen que os delegados/as e afiliadas/os da central amedrentan, coaccionan e ameazan os seus compañeiros/as. “Diante disto, pedímoslle á dirección que nos facilitase o informe onde figuran estas afirmacións, pero néganse coa escusa de que dese xeito violarían a confidencialidade das enquisas, cando as enquisas son anónimas; ademais, non queremos ver as enquisas, só o informe que a empresa que as fixo tería que enviarlle coas conclusións”. Por iso anuncia que nos vindeiros días decidirán “que resposta lle imos a dar a esta negativa”.
Para rematar, unha traballadora que foi até hai pouco a representante da sección sindical da CIG na empresa foi sancionada con 15 días sen emprego nin soldo por ir dous días ao médico aducindo que non cumprira o protocolo de saída, algo que asegura que é totalmente falso porque comunicou as saídas aos seus superiores. “Evidentemente levamos o tema ao Xulgado ao tratase dunha sanción inxusta, porque fomos ao SMAC e a compañía dixo que non había nada que facer e que non daba marcha atrás, nin intentou o máis mínimo achegamento”.
O responsábel sindical sinala que é práctica habitual de Nueva Pescanova levar todo ao Xulgado, “e se perde recorre as veces que faga falta”. De feito, tivo que ser o TSXG o que dixese que a CIG tiña dereito a ter un delegado/a da sección sindical, porque a empresa se negaba a permitilo. “Tivo que ceder, pero recorreu novamente a decisión no órgano superior

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad