Sthela Táboas 23/08/2021

Os adestramentos terán lugar os luns e martes en horario de tarde e en dous niveis, iniciación e perfeccionamento

O Club Bádminton Tomiño, anuncia a apertura das inscricións para as escolas deportivas e os adestramentos do curso 2021-2022.

Os interesados poden enviar un correo electrónico ao mail cbtomino@gmail.com ou ben chamando aos números de tlf. 685 960 370 -Javier- e 696 690 391 -Jacobo-.

Os adestramentos comezarán o 6 de setembro no Pavillón de A Carballa, que contarán cuns horarios semanais de 19.00 a 20.30 h, os luns; e de 16.00-17.30 h,  de 17.30 h a 19.00 h e de 19.00 a 20.30 h, os martes.

Os niveis de adestramento das sesións de bádminton serán a de iniciación e de perfeccionamento, e están dirixidos tanto a nen@s como adult@s.

Así mesmo, dende o clube tamén están abertos ás ANPAs, para organizar algunha actividade extraescolar nos colexios.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad