Sthela Táboas 16/08/2021

A partir das 00.00 h deste martes 17 os locais hostaleiros da vila tan só poderá traballar co 30% do aforamento no interior

O Concello do Porriño é un dos municipios da área de Vigo que se atopa en nivel alto de restricións e, como consecuencia, a hostalería do municipio tan só poderá traballar co 30% do aforo no interior dos locais a partires das 00:00 deste martes 17.

A decisión da Xunta de Galicia é consecuencia da negativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na obriga da presentación do certificado de vacinación “Covid” aos clientes para acceder ao interior de cafeterías, bares, restaurantes e outros locais de hostalería.

Desde que o Tribunal fallase na contra da medida imposta pola Administración Autonómica, a Consellería de Sanidade decidiu responder reducindo o aforamento no interior dos locais, baixando do 50% ao 30%; aínda que no que atinxe ás terrazas seguirá ao 50%, os establecementos de ocio nocturno continuarán pechados.

Eva García de la Torre considera que “estas medidas non son de recibo e volven penalizar ao sector da hostalería, que xa foi castigado dabondo ao longo destes meses” valorou hoxe a rexidora, pois que “o TSXG non lles dera a razón, non pode levar como consecuencia que se ceben no sector máis castigado por esta pandemia”.

A alcaldesa interpelou á Xunta de Galicia a que “vacine masivamente, especialmente á xente nova, porque as vacinas son o verdadeiro remedio e, polo tanto, que deixen de prexudicar semprea os mesmos”, rematou a alcaldesa.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad