José Docampo 03/08/2021

Acabou a implantación progresiva da expedición do novo documento, que actualiza a súa imaxe e incorpora novas medidas de seguridade, polo que só será emitido o DNI europeo a todos os cidadáns que acudan a renovar o seu documento de identidade. Polo momento, os cidadáns deberán seguir achegando a súa propia fotografía e, para máis información, poden consultar na páxina web https://www.dnielectronico.es/portaldnie/

A Policía Nacional finalizou a implantación progresiva do novo DNI. A partir do 2 de agosto, unicamente será expedido o DNI Europeo, a nova versión do DNI electrónico que actualiza a súa imaxe e incorpora novas medidas de seguridade, tanto visibles como invisibles. A creación do DNI Europeo responde o cumprimento do Regulamento UE 2019/1157 do Parlamento Europeo e do Consello do 20 de xuño de 2019, de obrigado cumprimento para todos os Estados da Unión Europea.

No pasado mes de xuño, a Policía Nacional comezou a expedición do novo documento en diversas oficinas de documentación. A partir de agora, e trala implantación progresiva en toda España, xa soamente será emitido o DNI Europeo a todos aqueles cidadáns que acudan a renovar o seu documento de identidade. Polo momento, e como se veu facendo ata o de agora, o cidadán deberá achegar a súa propia fotografía.

A Policía Nacional, nun traballo conxunto coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre – Real Casa da Moeda, deseñou un soporte que inclúe características materiais, técnicas, de seguridade, funcionais e de usabilidade acordes coas necesidades que solicita a cidadanía na era dixital. Entre os cambios introducidos, o novo DNI inclúe a denominación en inglés – National Identity Card– mais non en galego, posto que a normativa europea esixe que as palabras documento de identidade figuren en polo menos outra lingua oficial das institucións da UE. No anverso, engadiuse tamén o código de dúas letras do Estado membro –E no caso de España–, impreso en negativo nun rectángulo azul e rodeado de doce estrelas amarelas.

Este novo modelo de DNI Europeo enmárcase dentro do Programa de Identidade Dixital DNIE da Policía Nacional, programa que, na actualidade, traballa no desenvolvemento dunha aplicación gratuíta que permitirá proximamente a calquera cidadán a acreditación da identidade e o uso da firma electrónica desde o dispositivo móbil.

Ademais, nos próximos meses está previsto o lanzamento do DNI Exprés, un sistema de expedición semiautomático que reducirá os tempos de espera nas renovacións ordinarias e incrementará a seguridade obtendo a fotografía in situ. Este novo sistema implantarase de forma progresiva nas unidades de documentación con maior número de postos de expedición, e conlevará un aumento do número de Postos de Actualización Desasistida do DNI electrónico. Todo iso facilitará ao cidadán a renovación dos certificados dixitais e o pago de taxas mediante tarxeta bancaria.

Para máis información, poden consultar a seguinte ligazón da internet: https://www.dnielectronico.es/portaldnie/

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad