Sabela Landín 02/08/2021
Son rias Baixas

Ángeles Vázquez lembra que a súa Consellería, a través de FEST Galicia, fai unha serie de recomendacións sobre o respecto da contorna, o uso da auga e a enerxía, a alimentación ou a mobilidade

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, invitou aos galegos, e visitantes, a gozar dos eventos culturais que se organizan en Galicia dun xeito seguro e sostible co medio ambiente.

A conselleira, xunto co director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou o recinto no que a partir de mañá se celebrará o festival SonRías Baixas, un dos eventos sostibles de FEST Galicia.

Ángeles Vázquez indicou que a defensa do medio ambiente é unha conducta que debe estar presente no día a día de cada un, no fogar, na escola, no traballo e como non, no ocio e na cultura. Por esa razón, Galicia elaborou unha Guía de eventos sustentables co obxectivo de introducir esta variable á hora de organizar actos lúdicos, festivos e sociais.

Tal e como citou a conselleira os beneficios da inclusión de principios de sustentabilidade son múltiples, entre os que destacan a mellora da imaxe da organización, promotores, organizadores e, no seu caso, a artistas participantes; a redución dos custos polo uso máis racional dos recursos; e sobre todo a minoración do impacto ambiental na contorna.

Con recomendacións sobre o uso da auga e a enerxía, grazas ao aproveitamento das horas de luz e os espazos abertos e con sombra; a alimentación, apostando polo produto local, comercio xusto e con certificación ecolóxica; e a mobilidade sostible e da protección da contorna, delimitando as zonas de acceso. Concretou que a colaboración da Consellería tamén se visualiza na cesión de contedores de envases lixeiros e vidro, cos que garantir unha correcta xestión dos residuos que se xeren durante a celebración deste evento e que, en definitiva, melloranr as cotas de reciclaxe e fomentar condutas máis respectuosas co medio ambiente.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad