Sabela Landín 29/07/2021
AAVV

A directiva da AAVV San Benito e San Sebastián do Porriño pediu hoxe, tras as queixas de varios veciños, que a Policía Local do Porriño, teña unha maior presenza e mellor vixiancia nos barrios do Porriño, ante a demanda dos veciños que nos últimos días están a sufrir varios altercados.
Dende a diretiva informan que nos últimos días estanse a producir actos vandálicos no barrio que afectan a coches de particulares e mobiliario urbán, polo que veñen de solicitar por escrito unha maior presenza e mellor vixiancia dos barrios para que estes feitos deixen de producirse.
Asimesmo, a directiva, solicitou en días pasados, unha maior presenza dos servizos de limpeza e xardíns para mellorar a imaxe do barrio. “Sabemos que en verán medra a vexetacion e por iso solicitamos un reforzo tanto nos barrios do Porriño, especialmente no parque infantil, no cementerio e no paseo do Louro, que precisa unha actuación integral de corta e limpeza”.

A directiva aproveitou tamén para pedir unha reforma do Parque Infantil, que se atopa en moi mal estado “o barrio precisa un parque infantil máis moderno como os que xa existen noutras zonas do casco urbán”

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad