Sthela Táboas 28/07/2021

O Pleno da Corporación acordou esta expropiación valorada en preto de 270.000 €

O pasado luns, o Concello de Salvaterra de Miño acordou no Pleno da Corporación, a aprobación inicial do Proxecto de Expropiación para a execución da obra “Urbanización da rúa Galicia” polo procedemento de Taxación Conxunta, despois da aprobación definitiva por acordo, da Xunta de Goberno Local do Proxecto de Urbanización da rúa Galicia.

O proxecto de urbanización da rúa Galicia artella o viario de conformidade co previsto nas Normas Subsidiarias vixentes, e desenvolve unha actuación fundamental do viario do municipio co fin de dar continuidade á Rúa Galicia, entre a Rúa Curros Enríquez e a Rúa Castelao, dotándoa de tódolos servicios públicos necesarios para o futuro desenvolvemento urbanístico das súas marxes. 

Unha vez aprobado o proxecto de urbanización, o seguinte paso é aprobar o proxecto de expropiación, que será sometido a información pública polo prazo dun mes, e que ten como obxecto desenvolver o documento técnico que define o procedemento de expropiación, por taxación conxunta dos terreos afectos ao proxecto de urbanización da rúa Galicia; unha expropiación valorada en preto de 270.000 €.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad