Sabela Landín 27/07/2021
Tren Vigo Ourense

O Grupo de Goberno ven de presentar ao Pleno da Corporación unha proposta da Alcaldía  onde se solicita a Renfe Viajeros que reconsidere a decisión adoptada da retirada da coñecida como Vía do Miño dos trens que unen Vigo con Madrid, mantendo as paradas en Redondela e Guillarei, en vez de facelo por Santiago, ademais de solicitar que se estude a creación de novas liñas VIGO – OURENSE E OURENSE -VIGO que faciliten os horarios laborais dos veciños e veciñas para desprazarse aos seus traballos e estudos.

Dende que o 10 de novembro de 1.878 chegara  por primeira vez  o ferrocarril a Salvaterra, este converteuse nun eixo fundamental  e vertebrador da vida económica e social do municipio, nun momento onde eran escasos os vehículos o tren converteuse no medio de transporte mais utilizado polos veciños e veciñas para as relacións económicas como persoais uníndonos dunha forma áxil e rápida a Vigo e Ourense. Ademais de ser un punto de enlace con Portugal, viaxeiros que utilizaban o tren para os seos desprazamentos  a Francia no tempo da emigración.

A día de hoxe esa situación mudou en gran medida debido o uso do vehículo particular que fixo que caira a demanda e como consecuencia a oferta pero temos claro e temos que ser conscientes de que temos  queinverter situación.

Todos somos conscientes ademais da importancia que ten estar comunicados con Vigo e Ourense facelo a través dun servizo  publico que nos axude a tomar medidas para reducir a contaminación, e nese senso este concello aprobou unha proposta de Alcaldía en data 25 de novembro de 2.019, solicitando unha ampliación nas paradas das liñas xa existentes, co fin de mellorar o servizo ofertado, lexos diso vemos como de repente Renfe elimina as paradas da vía do Miño, para desvialos os trens por Santiago, polo que cremos que é necesario mostrar a nosa disconformidade e solicitar un servizo digno e de calidade para os nosos veciños e veciñas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad