José Docampo 24/07/2021

Tanto Concello como Federación manifestaron a súa intención de extremar as medidas de precaución pola COVID e piden aos participantes máxima responsabilidade.

Desde xoves até mañá ten lugar a proba Concello de Marín-Copa Xacobeo coa que se porá punto e final á Xira Galega de Balonmán Praia 2021. Esta proba, con 63 equipos inscritos, dará un resultado que será transcendental para coñecer aos campións galegos de balonmán praia do presente ano.

Durante o acto de presentación da proba Concello de Marín-Copa Xacobeo, esta semana na Casa Consistorial de Marín, participaron o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López. Ambos destacaron que para a celebración deste evento se extremaron as medidas de prevención anti-COVID, ante o incremento de casos nestes últimos días e solicitaron ás e aos participantes á máxima responsabilidade nestes complicados momentos.

Pola súa banda, o presidente da FGBm agradeceu a colaboración e boa disposición do Concello de Marín para a celebración desta proba na praia de Loira. Serán tres os campos de xogos e o torneo comezará mañá xoves coa disputa da primeira fase nas categorías alevín mixta e infantil (masculina e feminina). O venres celebrarase a fase previa en cadete (masculina e feminina) e o sábado en xuvenil e sénior (en ambos casos, en masculino e feminino). O domingo disputarase a fase final en todas as categorías.

Eis o calendario dos encontros.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad