F.I.A.R. – Festival Internacional de Artes de Rua trae a arte ás rúas da Eurocidade Tui-Valença, entre o 23 e o25 de xullo. Máis de 20 espectáculos encherán de diversión e alegria as rúas de Valença e Tui.
Esta fin de semana terá lugar o Festival Internacional de Artes de Rua (FIAR) en Valença e Tui. Durante os tres días, artistas de Italia, España e Portugal traerán a maxia das artes da rúa, que incluirán teatro, maxia, malabaristas, paiasos, danza e música.
A arte invadirá espazos abertos, prazas e rúas para interactuar directamente cos residentes e turistas. En Valença, os palcos serán o Jardim das Amoreiras e o Largo do Governo Militar, na Fortaleza, e o Jardi Municipal. En Tui, os espectáculos están programados na a Praza do Concello, o Paseo da Corredoira e o Paseo Fluvial. As zonas históricas das dúas cidades serán percorridas por grupos itinerantes que realizarán as súas intervencións artísticas en movemento.
Este es un festival gratuito, destinado principalmente ás familias e accesíbel para todas as edades. Máis información sobre reservas, medidas de seguranza sanitaria e aforos en www.tui.gal e www.visitvalenca.com.