O Concello de Mos propón un ciclo de concertos en case todas as parroquias do Concello. O primeiro será hoxe, ás 11 h na Escola infantil Porteliña.
O Concello de Mos presenta o programa de concertos estivais “Parroquia a parroquia”. Esta iniciativa ten por obxectivo “apoiar e reforzar aos grupos do Plan Cultural do Concello de Mos, tras tantos meses de crise sanitaria derivados da pandemia da COVID-19”, di o Concello.
A programación de ‘Parroquia a parroquia’ inclúe desde actuacións nas cafeterías dos centros sociais e culturais das parroquias mosenses, ata nos exteriores das igrexas e torreiros os días das festas patronais parroquiais que por mor da COVID non se poden celebrar, entre outras.
Eis o programa completo de ‘Parroquia a parroquia’ que abrangue os meses de xullo, agosto e setembro:
XULLO
DIA 16 – 11:00 h: Las Pamisuki na Escola Infantil Porteliña
DIA 17 – 12:00 h: Tangaraño nos Exteriores do Centro Dotacional de Torroso
DIA 17 – 20:30 h: Algarabía e Grupo Amieiro no C. C. Abrente
DIA 18 – 11:30 h: Pes na Rúa en Santa Mariña de Dornelas
DIA 25 – 13:00 h: Banda de Gaitas Herville en Santiaguiño, Guizán
DIA 26 – 12:30 h: Xógara en Santa Ana, Guizán
DIA 29 -17:30 h: Nosa Terra de Pereiras no Centro de día AFAGA, Petelos
DIA 30 – 21.00 h: Pes na Rúa nos exteriores do C. Dotacional de Torroso
DIA 31 – 21:00 h: Xiada nos exteriores do Pazo de Mos
AGOSTO
DIA 4: Banda de Gaitas Herville na Virxe das Neves, Herville
DIA 4: Coral O Son dos Candares na Virxe das Neves, Herville
DIA 6 – 20:30 h: Ruada de Torroso en San Mamede, Torroso
DIA 13 – 21:00 h: Dúo Antonio Barros – Ialma nos exteriores de Nosa Terra de Pereiras
DIA 14 – 21:00 h: Banda de Gaitas Sta Eulalia nos exteriores Pazo de Mos
DIA 20 – 21:00 h: Skara Jazz nos exteriores C. Dotacional de Torroso
DIA 21 – 21:00 h: Pes na Rúa nos exteriores Pazo de Mos
DIA 28: varios grupos en “Mos sobre rodas”
DIA 29 – 12:00 h: Dúo Antonio Barros – Ialma nos exteriores do Pazo de Mos
SETEMBRO
DIA 12: As Lagharteiras na Festa do Cristo da Victoria
DIA 13: Xógara na Festa do Cristo da Victoria
DIA 18: Xogara e a Banda de Gaitas de Sta Eulalia no Cristo do Bo Consello
DIA 15: As Lagharteiras en O Son do Pazo