Mónica Romero 15/07/2021

C21 lamenta que o Goberno Local vaia tan atrasado na asignación dos horarios dos pavillóns polideportivos

O concelleiro centrista liberal, José Palacín, lamenta que dende a Concellería de Deportes non se solucionara aínda a xestión e a comunicación dos horarios de uso dos pavillóns polideportivos.

Converxencia 21 considera que este retraso xera inquietude nos clubs polo feito de que moitos non poden planificar de forma axeitada os adestramentos e a próxima tempada.

Os liberais piden presteza, un sistema de reparto obxectivo e regulado e moita pedagoxía e diálogo para evitar problemas como os que se orixinaron na pasada edición.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad