José Docampo 09/07/2021

O Concello de Mos e a Comisión de Festas presentaron onte a programación cultural das festas de San Mamede de Torroso, que terán lugar os vindeiros 6 e 7 de agosto.

Os actos culturais con motivo da celebración das Festas de San Mamede de Mos comezarán o venres 6 de agosto a partir das 20 h nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, co concerto “Amantes da Terra” de Andrea Pousa. Os teloneiros encargados de darlle paso a Andrea Pousa serán os integrantes locais do grupo de gaitas Ruada de Torroso.

O sábado 7 de agosto, chegará o festivo local e con el a celebración do día grande, no que os mosenses poderán disfrutar dunha gran tradición, a das Bandas de Musica. Será a Banda de Musica Xuvenil de Torroso a encargada de amenizar o mediodía; xa pola noite, ás 20 h, actuará a Banda de Musica de Ribadumia, que fará a súa actuación a través do progarma “O País das Bandas” posto en marcha pola Xunta de Galicia. Finalmente, ás 21 h terá lugar o maior dos concertos programados, o da exitosa cantereira coruñesa Sés.

O Concello salienta a aportación da Xunta no financiamento desta programación, a través dos Fondos destinados ao Xacobeo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad