Redacción 06/07/2021

Será este xoves, 8 de xullo, ás 11.30 h na Sala Municipal a cargo da súa autora Cora Novoa

Este xoves, 8 de xullo, ás 11.30 h terá lugar unha visita comentada á mostra “Espazo do Eu” a cargo da súa autora Cora Novoa. Poden asistir todas as persoas interesadas até completar o aforo establecido.

A exposición pode visitarse até este sábado na Sala Municipal, na Área Panorámica. A mostra é o traballo de fin de grado realizado pola artista tudense na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Universidade de Vigo.

A propia Cora Novoa afonda na significación desta exposición coas seguintes palabras: “para poder partir, en ocasións, precisamos establecer un suposto, catalogar ou fraccionar, como forma de achegamento. Este proxecto xorde da necesidade de entender, explorar e achegarme ao concepto do “Eu” dende o único “eu” que podo experimentar. O eu configura o espazo que habito. Un Eu múltiple, consciente, cambiante, fluído, fragmentado”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad