Sthela Táboas 06/07/2021

Música, acrobacias, teatro, cine e animación están incluidos no programa festivo do barrio porriñés

A Concellería de Festexos que dirixe Cami Moreira presenta a programación das festas de San Bieito 2021 que este ano aínda estarán axeitadas ás circunstancias sanitarias.

Nese senso, a concelleira subliña que “aínda que imos camiño de poder realizar unhas festas coma as de antes da pandemia, polo de agora, preferimos adoptar un criterio de prudencia e organizar unhas festas de gozar desde unha cadeira, coa distancia sanitaria, coa máscara, e con hidroxel; iso si con moita variedade de espectáculos”, explicou Cami Moreira.

Bandas de música de distintos estilos, da máis tradicional, ás propostas de acordeóns, folk, jazz, fanfarra galega feminina, ritmos, swing, regueifa,…Cinema social, acrobacias, teatro familiar, animación…

A concelleira Cami Moreira fixo especial mención de dous eventos:

A “Breaking Battle Porriño” que supón a estrea dunha competición/encontro de Breaking, que será nova disciplina olímpica en París 2024; 

E a presentación da II edición do Festival Unha Volta Polo Medio, encontro das músicas de raíz da península ibérica.

A concelleira lembrou, por último, que o luns 12 será festivo local.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad