Onte tivo lugar no Multiusos das Pozas de Mos unha mesa do sector do comercio organizada polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos.
A mesa sectorial de Comercio organizada polo Programa Integrado de Emprego reiuníu onte a membros da administración local e representantes de diferentes empresas e organizacións empresariais do municipio, aos que a alcaldesa quixo agradecer pola implicación no programa. Segundo o Concello, foron case cen persoas as puideron asistir presencialmente ou a través de streaming ao evento da mesa sectorial. O obxectivo é dar aos usuarios e participantes a oportunidade de ter un contacto directo e achegado coas emrpesas nas que poder resolver dúbidas e inquedanzas relacionadas co mercado laboral. Dende o ano 2015 o Concello leva executados 6 programas integrados de emprego nos que atendeu a casi 500.