José Docampo 02/07/2021

Valença avanza coa apertura das atividades culturais cun lote de 18 eventos distribuídos nos meses de xullo e agosto que inclúen unha manchea de música ao vivo e espectáculos polas rúas.

A programación de verán avanza na cidade fronteiriza de Valença xa hoxe, 2 de xullo, ás 21 h cun concerto da Orquestra Sinfónica de Viana do Castela na Igrexa de Santo Estêvão. Mañá, 3 de xullo, á mesma hora e no mesmo lugar, subirán ao palco os Vocalis Contrasta e Projeto X.

Para as seguintes datas, o programa inclúe máis música ao vivo. O 10 de xullo, o Grupo de Cordas 6tàs9 actuará ás 21h, na Igrexa do Convento de Ganfei. O 16 de xullo, no Jardim Municipal ás 21h, será a Academia de Música Fortaleza de Valença a que ofreza o seu espectáculo. Será o momento do jazz, o 17 de xullo no Mosteiro de Sanfins, co ciclo Mosteirazz, no que actuarán Kasual Quartet ás 16 :30h e os Semfins ás 18:30h.

Entre o 23 e o 25 de xullo, seis espectáculos de animación nas rúas de Valença celebrarán a cultura da Eurocidade Valença e Tui. O 24 de xullo, serán os Pedaço de Mau quen subirán ao palco, ás 21h, no Jardim Municipal de Valença. A programación de xullo termina cos concertos dos Dark Side Project o 30 de xullo, no Jardim Municipal, ás 21h e dos Metáfora, o 31 de xullo, tamén também no Jardim Municipal ás 21h.

Os eventos programados para agosto empezarán o día 7 co espectáculo de verán no Jardim Municipal, ás 21h. O 13 de agosto, concerto da célebre fadista Carminho nas Cortinas São Francisco, ás 21h. O 14 de Agosto o palco será para os Calema, ás 21h

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad