Sthela Táboas 22/06/2021

As principais condicións contempladas nos postos que sexa posible deberá limitarse ao 50% dos empregados e non se poderá superar un máximo de 2 días de teletraballo por semana

De aprobarse por maioría o regulamento de teletraballo comezaría o 15 de setembro

O goberno municipal porriñés levará para a súa aprobación plenaria na vindeira sesión da corporación, o regulamento de tele traballo do Concello. O texto da proposta será trasladado mañá mércores aos demais grupos políticos da corporación na comisión municipal de Economía, Facenda e Persoal que deberá dictaminar o asunto para o Pleno do vindeiro mércores, 30 de xuño.

O regulamento para a prestación en réxime de tele traballo no Concello do Porriño, aprobouse por unanimidade de todos os sindicatos despois das negociacións mantidas con Lourdes Moure, concelleira socialista, responsable de Persoal e Facenda.

Como principais criterios, o regulamento establece que non todos os servizos municipais serán susceptibles de teletraballar; nos que sexa posible deberá limitarse ao 50% dos empregados; finalmente, establece que non se poderá superar un máximo de 2 días de teletraballo por semana.

Se a proposta que se leva a Pleno acada o respaldo da maioría da corporación, o regulamento do tele traballo para os empregados municipais do Porriño entraría en vigor a partir do 15 de setembro.

Por outra banda, esta semana haberá outras comisións informativas previas ao vindeiro Pleno. O mércores tamén se convocou a comisión de Parques e Limpeza. E o xoves haberá comisións de Urbanismo e de Contas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad