José Docampo 17/06/2021

Podemos Salvaterra emite un comunicado onde critica o “desleixo” na xestión económica do goberno do PP en Salvaterra, que terá que aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito ao perder unha subvención para a antiga Casa do Pobo.

Estrella Antas, voceira de podemos en Salvaterra, emite un comunicado onde define como “intolerable, e completamente imperdoable, que a alcaldesa do PP Marta Valcárcel, nun exercicio de total desleixo nas súas funcións, perdese esta subvención para mellorar a vida das veciñas e veciños de Salvaterra”.

As alarmas saltaron, cando a raiz dun informe do departamento de Intervención municipal, desvelouse que a alcaldesa do Partido Popular Marta Valcarcel e o seu equipo de goberno, perderon a subvención de 300.000 € da Consellería de Cultura Educación e Universidade que estaba destinada ao pago do proxecto da Casa da Música, a antiga Casa do Pobo.

Antas, afirma que este enorme erro de xestión obriga ao Concello de Salvaterra a asumir os primeiros gastos da obra que xa está realizada, con cartos das arcas municipais mediante un recoñecemento extraxudicial de crédito, o que supón unha perda económica moi importante que se suma ao xa precario estado das arcas municipais.

A voceira municipal de Podemos afirmou que “a situación económica na que estamos inmersos dende hai moitos anos pola nefasta xestión que e ven facendo dende o goberno, é moi preocupante para os intereses de todo o conxunto da veciñanza, xa que continúan aumentando os problemas para acometer gastos do día a día que afectan á veciñanza de Salvatera”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad