José Docampo 17/06/2021

A mostra recollerá o material aportado polas familias que foron usuarias durante a última década, como fotos e cartas. Tentarase mesmo localizar a algún dos primeiros alumnos que desde os anos 30 do século pasado acudían ás chamadas, naquel entón, Escolas Unitarias, construídas polos ‘Fillos de Mos Residentes en Bos Aires’.

A Escola Infantil A Galiza Azul de Coto Torrón busca aos seus exalumnos para organizar unha exposición conmemorativa do seu décimo aniversario. Cumpre en xullo 10 anos en activo tras a súa rehabilitación e integración na Rede de Esolas A Galiña Azul do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Para celebrar a súa primeira década en activo, educando e contribuíndo á conciliación da vida familiar e laboral, o equipo docente do centro, encabezado pola directora, Ana Martínez, decidiron poñer en marcha unha iniciativa moi fermosa: localizar ás familias usuarias ao longo dos anos para pedirlles que, mediante fotografías ou cartas, plasmen a súa experiencia de paso pola Escola. Con todo o material recibido, máis o que xa conservan no centro, o vindeiro mes de xullo realizarase unha exposición, coincidindo coa data de apertura das instalacións fai 10 anos.

Buscaráse mesmo, se fose posible, que acudan algúns daqueles primeiros alumnos que desde os anos 30 do século pasado, acudían diariamente ás que naquel entón eran as Escolas Unitarias. Estas foron construídas grazas ás doazóns dos ‘Fillos de Mos Residentes en Bos Aires’, hoxe Asociación Galega de Residentes de Mos en Bos Aires.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad