José Docampo 15/06/2021

A Xunta deberá responder pola implicación persoal de Núñez Feixóo cunha operación urbanística que incumpre a Lei do Solo. A sentenza que anula as licenzas puxo de manifesto a “fragmentación fraudulenta” do proxecto para esquivar a súa avaliación ambiental

As deputadas do BNG no Parlamento de Galiza Alexandra Fernández, Carmela González e Luís Bará acaban de presentar unha pregunta para coñecer a valoración que o goberno galego realiza sobre a recente sentenza que declara irregulares as licenzas concedidas polo Concello de Mos en favor do macroproxecto do R. C. Celta.

A resolución xudicial pon de manifesto que os promotores da obra, coa complicidade do Concello de Mos, utilizaron o subterfuxio da fragmentación do macroproxecto en varias fases para esquivar, deste modo, a avaliación en profundidade do seu impacto ambiental e axilizar o inicio dunhas obras incompatibles coa Lei do Solo de Galiza.

Tal como estabelece a sentenza, a administración pública actuou de maneira irregular ao autorizar, a través dunha licenza exprés, a construción duns vestiarios e unhas instalacións auxiliares que non poden segregarse da totalidade do complexo, cualificable como “equipamento deportivo privado” a instalar en solo rústico. Os nacionalistas sinalan a Feijoo, pois a “artimaña non só contou coa colaboración do Concello de Mos, senón co aval e o apoio explícito do presidente da Xunta, que participou no acto de inauguración da primeira fase do complexo o pasado 28 de novembro”. O BNG preguntará, na Comisión 2ª do Parlamento, polas medidas que o goberno galego pensa adoptar a raíz desta sentenza e pola implicación persoal de Alberto Núñez Feixóo cun proxecto que conta cunha ampla contestación social.

O BNG de Mos xa anunciou, a través dun comunicado, que remitirá un escrito á Fiscalía para pedirlle que actúe de oficio e solicitará a creación dunha comisión informativa municipal que investigue as irregularidades cometidas polo PP para favorecer a unha empresa privada “en contra do interese público”. A operación urbanística impulsada polo presidente do R.C. Celta, Carlos Mouriño, presenta todas as características dun “pelotazo” que ameaza con arrasar case un millón de metros cadrados de solo rústico. O seu obxectivo “non é outro que obter unha ganancia rápida e fácil mediante a construción dunha Cidade Deportiva privada á que iría asociada unha gran superficie comercial e todo nuns terreos expropiados a prezo de ganga”. Rematan describindo o proxecto como “unha operación altamente lucrativa a costa da perda de solo mancomunal e dos valores ambientais do monte”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad