José Docampo 15/06/2021

González, que tamén é voceiro provincial de Podemos, declarou que esta foi “unha das decisións máis importantes e dolorosas que tiven que tomar nos últimos anos, pero totalmente necesaria para desenrolar a miña labor como representante de todo o conxunto da veciñanza de Mos”.

O concelleiro da corporación municipal de Mos, Román González, que nas pasadas eleccións municipais presentouse como cabeza de lista do grupo municipal GañaMós, ven de tomar a decisión de abandoar este grupo municipal, e pasar a formar parte, dentro da corporación municipal, do grupo de non adscritos. “Esta decisión está baseada na incompatibilidade coa forma que teño, e quero facer política dentro da corporación”, declarou.

González non quixo deixar pasar a ocasión para agradecer ao grupo GañaMós “a oportunidade que lle brindou para dar o paso a primeira liña política”. Porén, “o desgaste persoal ao que estiven sometido estes últimos meses, polo mero feito de ofrecer unha maneira diferente de facer política, por ofrecer alternativas diferentes de traballo, e querer ofrecerlle a veciñanza alternativas reais para mellorar o ben común, fan inviable esta convivencia, polo que estou convencido que o mellor para todas e para todos, é que eu dea este paso”, engade.

O voceiro non aclara se haberá candidatura de Podemos nas vindeiras eleccións municipais. Gonzalez di non saber “o que pasará dentro de dous anos” mais que traballa para “ofrecer ao conxunto da veciñanza das dez parroquias de Mos, un proxecto de concello sólido e real, unha alternativa de futuro perante a neglixente xestión do PP”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad