Ediciones Vitruvio presenta a primeira obra literaria do Carlos Jaque, que trata o narcotráfico na Galiza. O autor, de orixe madrileña, pasou 25 anos da súa vida no noso país.
Yago é a historia dun rapaz normal que se atopa, por sorpresa, mergullado no mundo do narcotráfico. A delincuencia e a marxinalidade, mais tamén o luxo e as comodidades, colocan a Yago nun abismo do cal procura a saída.
Yago é unha testemuña fiel dos perigos e da realidade actual do mundo da droga. Segundo Pablo Méndez, Carlos Jaque soubo escribir sobre o narcotráfico na Galiza destacando a humanidade das personaxes e a autenticidade da historia. Yago é unha desas novelas que, mentres nos enganchan a unha historia, nos explica unha determinada realidade.