Redacción 24/05/2021

O PSOE de Ponteareas lamenta o pasamento dun home cheo de cualidades que fixeron posible o goberno de coalición dende o 2015

O pasado mes coñecíamos a triste nova da renuncia de Xosé Represas, ao seu cargo de alcalde dende facía 6 anos, por motivos de saúde; pois levaba xa preto dun par de anos loitando coa enfermidade que, desafortunadamente non puido superar.

Tras coñecer no día de hoxe o pasamento do ex alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, o partido socialista quiso facer público o seu pesar, así como o “recoñecemento á figura como alcalde para a nosa vila”.

No ano 2015 o PSOE comezou xunto co BNG, capitaneado por Xosé Represas, un proxecto político, mediante un goberno de coalición “que permitise avanzar en progreso e calidade de vida para os nosos veciños e veciñas. O goberno de consenso permitiu que nestes seis anos de mandato, ao carón de Xosé Represas, sacase adiante grandes proxectos para Ponteareas e poñer á nosa vila na liña dunha cidade progresista e de futuro”.

A portavoz municipal do PSOE, Chus Garrote, salienta “a capacidade de Xosé Represas para escoitar propostas, aínda que non fosen do seu grupo político, e facelas súas; loitando a reo para levalas a cabo”.

Estar nun goberno de coalición esixe moito diálogo, moito consenso e moita capacidade de ceder. E todas esas eran cualidades de Xosé Represas. O grupo municipal do Partido Socialista e a xestora de Ponteareas lamenta o seu pasamento e transmite o seu pesar a toda a súa familia e amigos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad