Redacción 20/05/2021

No 75 aniversario do seu falecemento as visitas guiadas teatralizadas toman protagonismo en lembranza do excepcional arquitecto porriñés

 

O Concello do Porriño anuncia o comezo dunha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto porriñés Antonio Palacios no casco urbano da súa vila natal.

As visitas partirán do Templete de San Luis e incluirán a casa do Concello, a Fonte do Cristo e a Botica Nova. Terán unha duración de 50 minutos e requiren de inscrición previa porque hai prazas limitadas.

As inscricións deben realizase a través de correo electrónico no enderezo cultura@oporrino.org a partir do venres 21 e ata o xoves 27. A primeira destas visitas terá lugar o vindeiro sábado 29 de maio.

Coa colocación dunha coroa de dalias brancas e loureiro no cemiterio municipal ante a tumba de Palacios, o Concello do Porriño comezou o pasado 27 de outubro os actos do “Ano Arquitecto Antonio Palacios”, coa ocasión do 75 aniversario do seu pasamento. O Concello elaborou unha programación que se extenderá ata o 27 de outubro de 2021, e reunirá unha serie de actos e actividades culturais para divulgar a obra do recoñecido arquitecto porriñés.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad