Redacción 15/05/2021

O premio de 2.000 € con motivo da campaña “Recicla e únete ao reto”, será doado á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”

 

Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza recolleu en representación do Concello do Porriño, o galardón outorgado pola achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, consistente nun premio de 2.000 € que se doarán á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”.

O acto de entrega tivo lugar onte ao mediodía en Sanxenxo, coa asistencia de Angeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e directivos da entidade “Ecoembes”. Sergio Casal agaredeceu, no nome da veciñanza porriñesa “que foi quen de colaborar na campaña de recollida destes residuos para a súa reciclaxe. Este premio é mérito de todos eles e será unha honra destinalo á asociación Aceesca, como xa acordaramos”, manifestou o concelleiro.

Na súa breve intervención, Casal Quintas puxo a nota de humor ante os presentes. A diferencia doutros representantes de concellos tamén galardoados que reivindicaron as súas praias e as bandeiras azuis recibidas, o concelleiro de Medio Ambiente lembrou que “nós en Porrriño, a falta de praias, temos un pan excepcional e uns callos maravillosos para vir a comer despois dun día na praia”.

O Porriño é un dos concellos galardoados pola Xunta e “Ecoembes” pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, “Recicla e únete ao reto!”. A campaña, desenvolvida simultáneamente en quince concellos galegos, consistiu en que todos eles asumiron o reto de superar, cando menos, nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano.

Coa ocasión deste reto, a praza Arquitecto Antonio Palacios acolleu dende marzo un contedor amarelo xigante como reclamo da campaña, ensinándolle á cidadanía, como separar correctamente os residuos. Trátase de incrementar a conciencia de reciclaxe e afianzar o hábito continuado entre a poboación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad