Niño do Corvo ofrece dous cursos de apicultura, que terán lugar no mes de xullo no concello pontevedrés do Rosal. Información e reservas, disponíbeis en https://www.cursosapicultura.com/
Durante o mes de xullo, terán en lugar no concello pontevedrés do Rosal dou cursos de apicultura organizados pola empresa apícola local Niño do Corvo, en colaboración con cursosapicultura.com. As reservas pódense facer na páxina web www.cursosapicultura.com ou no teléfono 622 749 603.
O primeiro curso, de apicultura avanzada, será impartido os días 1 e 2 de xullo, co enfoque posto na sustentabilidade e na eficiencia e rendabilidade da produción. O valor é de 175 euros, e ten unha duración de 15 horas aproximadamente. Os días 3 e 4 será o turno do curso de iniciación, cuxo prezo é de 155 euros, e terá unha duración semellante.